NOTICIAS EN GALEGO

AVALIACIÓN DO PROXECTO

MAKERSCHOOL


Por: Daniel Frieiro e Jorge Freire


Pertencemos ao departamento de calidade e o noso labor dentro del é realizar os formularios para a avaliación das distintas fases do proxecto de Makerschool.


Nós comezamos a facer estes formularios no mes de novembro na aula de informática nas horas da materia TICS, fixémolos coa aplicación dos formularios de Google Apps.


Os formularios que realizamos son os seguintes:


-Elección da ONG de nais/pais/titores.

2016-03-11_101647.jpg

-Avaliación do proxecto Makerschool para o alumnado.


-Avaliación do proxecto Makerschool para o profesorado.

O formulario da elección da ONG de nais/pais/titores contén simplemente unha pregunta na que as familias deberán escoller a ONG que consideren máis apropiada para doar os beneficios que obteña este proxecto.


O formulario para a avaliación do proxecto dos alumnos elaborouse basicamente para saber se os alumnos coñecen completamente este proxecto, as súas opinións e tamén para mellorar ao máximo este proxecto. A única diferenza que existe entre o formulario do alumnado e o do profesorado é que a estes últimos pregúntaselles cousas máis técnicas ca os alumnos, como “Que aspectos do currículum traballas en Makerschool?”.


Unha vez acabados os formularios tivemos que realizar unha presentación en colaboración con outros compañeiros sobre Makerschool, na que tivemos que incluír o noso labor cos formularios. Posteriormente esta presentación expúxoselle a todo o centro.


Agora que xa temos os resultados, estamos realizando diferentes estudos estatísticos sobre as re
spostas do alumnado e profesorado.


                                                EMPREGO DO GALEGO NAS EMPRESAS

Por: Nerea Cacabelos, David Piñeiro, Alba Fontán e Alba García

1. Traballadores e xefes: lingua laboral.
O uso do galego na empresa é tratado dende dous puntos de vista. Por un lado, falamos do emprego desta lingua nas relacións entre os traballadores. Por outro, atendemos ás comunicacións entre estes e os seus xefes. Un dos obxectivos é detectar se o galego é elixido segundo a formalidade da relación. Dun xeito adicional, investigamos se as características das empresas teñen algún impacto no uso desta lingua.

2.O uso do galego.

Nas empresas, a lingua máis utilizada na comunicación entre os traballadores é o galego, posto que manteñen unha relacion informal entre os traballadores.O castelán predomina só nalgunhas empresas. Non obstante, nalgúns casos estaríamos ante unha situación laboral no que ambos os dous idiomas convivirían. Se atendemos á lingua que os traballadores empregan para comunicarse cos xefes, obsérvase que adoita manterse a lingua da que os primeiros facían uso para relacionarse entre eles.


3.O impacto segundo o sector das empresas.

As empresas teñen importantes consecuencias no  uso  da  lingua. O  sector  de  actividade, o tamaño da empresa, a localización, teñen un forte impacto no uso do galego.


4. Relación da empresa con clientes e provedores.

O galego apenas é empregado nas comunicacións máis formais. As mensaxes escritas case nunca se fan nesta lingua. Isto contrasta coa maior porcentaxe do seu uso cando as relacións son telefónicas ou persoais. Polo tanto, non é que a empresa non o empregue, senón que se especializa nos tratos máis informais. Non obstante, especializarse non quere dicir dominar, e vemos con claridade que o máis habitual no trato por teléfono e persoal consiste en empregar calquera das dúas linguas, o que identificamos coa opción “ás veces”, o que probablemente demostra a flexibilidade que a vida económica require na relación empresa/contorno.


5. Xestión da empresa.

O castelán é o idioma dominante na área da publicidade. No  entanto,  non  é  particularmente forte  na  área  das  novas tecnoloxías, aínda que tamén é maioritario. Neste sector, o galego obtén unha porcentaxe considerable.


EMPRESA

GALEGO

CASTELÁN

OPCIÓN DAS DÚAS LINGUAS

Citroën Vigo

R

Martín Códax

Gadis

Eroski

Paco &Lola

Zara

Arenal Perfumerías

Licencias infantiles

A Poutada

Clínica veterinaria Otter

Cofrico

Difega

Alquileres del atlántico

Enmacosa

Portomeloxo

Benito Areán

Andrade Comunicación

Prefabricados Dena

Volvoreta

6. Repercusións na actividade empresarial.

Neste apartado concluímos que nas empresas non se considera que o uso da lingua galega teña un efecto claro con respecto ás cinco cuestións tratadas (“Traballadores e xefes: lingua laboral”, “O uso do galego”, “O impacto segundo o sector das empresas”, “Relación da empresa con clientes e provedores”, “Xestión da empresa”).

Cando se estudou, constatouse que as características das empresas teñen un certo impacto, pero este non é sempre o mesmo.



Vídeos en Maker School

Por: Eva María Padín e Alba Pérez

Maker School é un gran proxecto levado a cabo polo I.E.S. de Meaño. Un gran proxecto que consiste en fabricar pequenos obxectos cunha impresora 3D para despois comercializalos e doar os cartos recadados a unha ONG.

 O departamento de curtametraxe está formado por dous grupos:

     Un para realizar o guión de Maker School.

     Outro para realizar a montaxe e edición de vídeos.

 ->Departamento para realizar o guión de Maker School:

 No grupo para realizar o guión de Maker School estamos dúas persoas, as cales procuramos explicar o noso proxecto por medio dunha pequena película, unha pequena curtametraxe, de tan só 10 minutos, relacionada co noso proxecto. A curtametraxe está dividida en distintas escenas:

A primeira escena esta ambientada no instituto, no cal un grupo de mozos están xogando ao fútbol e unhas persoas alleas ao instituto pregúntanlles se queren mercar uns chaveiros solidarios para participar nun acto benéfico. Todos dixeron que non, menos un mozo que se interesara pola moza. Neste mesmo intre ocorréuselle a idea de montar un proxecto chamado Maker School, no cal montarían unha  empresa e, cunha impresora 3D, fabricarían obxectos para logo vendelos e doar o diñeiro recadado a unha ONG.

Ao seguinte día, ao mozo ocorreulle algo moi grave e á fin da curtametraxe non acaban doando o diñeiro ás ONG, senón ao mozo que estaba na primeira escena xogando ao fútbol e con quen montarían xuntos a empresa de Maker School.

Nós optamos por realizar o guión porque tiñamos xa unha idea de como facelo e decidimos asumir esa responsabilidade. 

 

DIÁLOGO

 

Anaco da 1º escena:

Entran polo portal Ela e o amigo. Achéganse aos alumnos que están a xogar ao fútbol e dinlles:

-Bos días mozos, queredes comprar uns chaveiros solidarios?

(A maioría) Responden:

-Bos días, non grazas.

El faise oco para poder ver a Ela e ao seu amigo e cando os logra ver di:

-A min gustaríame participar.

-Despois de levar un intre falando un deles dixo:

-Podemos levar a cabo un proxecto no cal fagamos unha especie de empresa cos que se animen a participar para vender obxectos que fabricaremos cunha impresora 3D e o diñeiro doalo.

A todos gustoulles a idea e xusto nese momento soou o timbre e El dixo:

-Agora teño que ir a clase pero podemos quedar aquí ás 4 da tarde.

Ela e o seu amigo dinlle:

-Vale

 -> Departamento para realizar a montaxe e edición de vídeo:

Outras dúas persoas encargámonos de montar o vídeo no departamento de edición. Gravamos aos alumnos traballando e entrevistamos a os profesores relacionados co proxecto e a continuación, cos vídeos e as fotos, facemos uns pequenos vídeos onde se resuma todo o que fan na clase e o avance da nosa gran empresa. Estes vídeos grávanse en diversas aulas como ben poden ser:

       Aula de tecnoloxía, onde nos explican o proxecto Maker School e o funcionamento da impresora 3D.

     Aula de música, onde ensaian a banda sonora de Maker School.

     Aula de informática, onde os alumnos traballan sobre as cousas importantes de Maker School como ben poden ser a edición da páxina web ou ou a difusión por redes sociais.

     Aula de plástica, onde os alumnos e o profesor deseñan o logotipo da empresa.

Non só gravamos nas diversas aulas, senón que tamén gravamos o funcionamento da impresora 3D e os diversos acontecementos relacionados co proxecto como a súa presentación por parte do alumnado de 4º. Ademais disto, tamén gravamos as diversas reunións da xerencia onde debaten sobre o proxecto e entrevistamos a César, o profesor de tecnoloxía, que nos conta como comezou todo.Todos estes vídeos estarán colgados na páxina web de Maker School (http://www.makerschool.es/ ), inda que  tamén haberá a posibilidade de velos en Youtube ou ben nas redes sociais da empresa.

Eliximos este departamento posto que medianamente controlamos de edición de vídeo e do son, e entón, tamén ao ser algo que nos gusta, decidimos asumir as responsabilidades deste apartado.

Comments